Rianxo.

RIANXO encóntrase situado no recuncho mais interior da Ría de Arousa. Pola pracidez das augas da súa ensenada e os ventos do nordés e de abaixo (SUR) fan que sexa lugar ideal para a práctica de deportes náuticos : vela, remo, … Pero é que ademáis a vila goza dunha tranquilidade tan envolvente que fai que tódolos que a visitan, ou se quedan unha tempada, ou repitan moitas veces. Hay dous momentos do día ben diferenciados para poder disfrutar: un é pola fresca da mañá dando unha voltiña polo Paseo Marítimo, ou ollando a actividade portuaria mariscadora, pescadora, deportiva,… do seu Paseo da Ribeira. O outro momento é ó serán disfrutando da tranquilidade que se respira nas súas prazas e rúas: Campo de Arriba, Campo de Abaixo, Praza da Igrexia, Praciña, Ruas de Abaixo, do Medio, … Todas estas cousas xunto con outras moitas fan que esta vila da Galiza sexa un dos sitios mais doados para pasar unha tempada cargando pilas para logo poder seguir coa actividade o longo do ano. Ten ademáis un patrimonio cultural moi importante e recoñecido, sendo as súas xentes das mais abertas e acolledoras que hai. Non podemos rematar sen mencionar as Festas da Guadalupe onde todo o mundo canta o segundo himno de Galiza: “A RIANXEIRA”. Esperámosvos Moncho Ces.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR